Curso sobre dixitalización integral nas empresas agroalimentarias

A Facultade de Administración acolle o curso que busca ilustrar o impacto transformador das tecnoloxías dixitais nas empresas agroalimentarias


‘Dixitalización integral nas empresas agroalimentarias’ é unha das propostas incluída no plan formativo do Campus Terra. O curso terá lugar na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela este xoves, 18 de abril, a partir das 11.30 horas. As sesións formativas presenciais serán impartidas por Hugo Criado e a inscrición permanece aberta en liña.

A finalidade da formación é concienciar sobre a importancia da dixitalización como ferramenta para mellorar a eficiencia, trazabilidade e sustentabilidade no sector agroalimentario. Tamén busca inspirar e fomentar entre o estudantado universitario ideas innovadoras e creativas e proporcionar formación e información sobre as tecnoloxías emerxentes. As ferramentas dixitais aplicadas ao sector agroalimentario xa accesibles constitúen outro dos cometidos do curso.

Partirase dunha análise da situación actual do sector agroalimentario para afondar logo nos principios da dixitalización do sector e tecnoloxías emerxentes, ademais do estudo de casos de éxito e dos desafíos futuros no ámbito da innovación.

Comments are closed.