Xornada de transferencia en Lugo sobre aproveitamento de subprodutos alimentarios

A USC organiza este evento que ten como propósito difundir os progresos na valorización de subprodutos alimentarios e promover a interacción entre investigadores

O evento terá lugar na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA).

O 28 de novembro terá lugar a xornada de transferencia “Avanza cara a unha economía circular: novas achegas para valorizar subprodutos da industria alimentaria”. Organizado pola USC e financiado pola Deputación de Lugo, o acto realizarase na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) en horario de 16:30 e 20:00 horas.

A xornada ten como finalidade compartir os avances na valorización de subprodutos agroalimentarios e busca fomentar o intercambio entre investigadores, empresas e profesionais. Os interesados poden inscribirse a través do seguinte correo: rebeca.carballo@aplta.es

A revalorización de subprodutos agroindustriais é clave para a sustentabilidade, a economía circular e a redución do impacto ambiental. Galicia destaca como referente grazas ao labor dos seus grupos de investigación e infraestruturas como a APLTA.

O acto incluirá os seguintes temas:

  • Beatriz Gullón, doutora en Enxeñaría Química pola UVigo, falará sobre estratexias innovadoras para transformar residuos agroindustriais en compostos bioactivos.
  • Alejandro López, doutor en Enxeñaría Química pola UVigo, abordará o uso de licores de lavado de millo como fonte de biosurfactantes para biopraguicidas.
  • Patricia López, doutora en Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos e investigadora científica do CSIC, abordará a valorización de fibras de subprodutos de cereais e algas para alimentos innovadores.
  • Laura Abuín, licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e técnica superior de investigación da APLTA, achegará un enfoque práctico sobre o aproveitamento práctico de coproductos da industria alimentaria.

Con este evento, búscase promover o potencial de transferencia do coñecemento xerado en Galicia cara a solucións aplicadas, impulsando a colaboración entre a comunidade científica e o tecido empresarial.

Programa da xornada:

Comments are closed.