10 Maio 2024

O proxecto Eiravine desenvolve un protocolo para recuperar e alongar a vida do viñedo ecolóxico

Este foi un dos resultados do proxecto de investigación Eiravine, levado a cabo pola cooperativa do Ribeiro Cume do Avia en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA). Os resultados foron presentados no IV Foro de Innovación do Sector Agrario
26 Abril 2024

Nematodo screen: unha nova fórmula para seleccionar por presenza e susceptibilidade a este parásito

Este proxecto aprobado por AGACAL e levado a cabo entre Madera Plus e o CIF Lourizán ten como obxectivo a utilización da espectroscopía de infravermello cercano para caracterizar a susceptibilidade ao ataque, así como para detectar a presenza do nemátodo
27 Marzo 2024

O soro: De residuo a produto de valor para as queixerías galegas

As queixerías Prestes e Queizuar lideran dous dos principais proxectos sobre a revalorización de residuos lácteos presentados no IV Foro de Innovación Productiva do Sector Agrario. Os resultados son unha ampla gama de productos de alto valor engadido
25 Marzo 2024

Proxecto LEME: tecnoloxía e innovación para estimar as emisións de metano das vacas a partir da análise do leite

O Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) foi o axente que coordinou o proxecto. Os resultados impulsarán unha mellora das condicións produtivas das explotacións leiteiras galegas ao reforzar a súa sustentabilidade ambiental e ao mellorar a eficiencia produtiva
8 Marzo 2024

O Campus Terra da USC crea novos materiais sostibles e biodegradables para uso alimentario

Tratase de películas activas de quitosano con aceite esencial de sándalo, extractos de ortiga ou da alga kelp de azucre que supoñen unha alternativa aos separadores plásticos. Estes son os resultados da investigación feita pola graduada en Nutrición Humana e Dietética María Flórez Mora na súa tese
8 Marzo 2024

Alicia Lourenzo, Inés Seoane e Rocío López, gañadoras dos VIII Premios Enxeñaría e Muller Rural

O certame distinguiu os seus Traballos de Fin de Grao, sendo as propostas mellor valoradas polo xurado. Así mesmo, durante a xornada aproveitouse para poñer en valor o importante cometido e a fonda pegada das mulleres enxeñeiras no medio rural
19 Xaneiro 2024

Grazemaster: Un proxecto galego que dixitaliza o pastoreo e optimiza os recursos en extensivo

Este grupo operativo galego está a desenvolver unha ferramenta de xestión integral do pastoreo a través do internet das cousas e de drons. Isto permitirá abrir pasto ao gando automaticamente, ademais de controlar outros recursos como a auga dos bebedoiros