27 Xullo 2026

IBADER: 25 anos traballando para que o medio ambiente sexa o motor do medio rural

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da USC cumpre un cuarto de século promovendo a conservación da natureza e a protección dos espazos naturais, cun papel relevante no recoñecemento da actual rede galega de Reservas da Biosfera
1 Xullo 2026

O grupo Zendal abre a convocatoria da VII edición dos seus premios de investigación en saúde humana e animal

Os International Zendal Awards recoñecerán os mellores proxectos de innovación médica con 40.000 euros e de innovación veterinaria con 25.000. As candidaturas poderán presentarse ata o 19 de setembro de 2026
5 Xuño 2026

Curso de verán sobre o uso de micorrizas na produción agroforestal

Presentes no 95% das especies vexetais que habitan a terra, estas asociacións naturais son unha solución para mellorar a saúde do solo, a produtividade e competitividade dos cultivos e a redución da dependencia de insumos externos como abonos, fitosanitarios e outras substancias de síntese química
2 Xuño 2026

iTerra, a investigación ao servizo dun futuro máis sostible e resiliente

O Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago, que integra a 160 investigadoras e investigadores do Campus de Lugo, é un centro interdisciplinar de recente creación que busca dar solución aos retos da sociedade actual
22 Maio 2026

“O control da pegada de carbono do leite pode ser unha vantaxe competitiva para as granxas”

O proxecto Greenlow Pecuaria medirá as emisións de metano entérico que emiten as vacas leiteiras na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal para desenvolver unha ferramenta de cálculo adaptada ás condicións reais de produción
28 Xaneiro 2026

A enzima patentada en Galicia que mellora a textura dos alimentos

A transglutaminasa microbiana, obtida usando patacas de destrío como medio de cultivo, é unha sustencia natural que aumenta o rendemento na fabricación de queixo, mellora a textura dos iogures desnatados e favorece a estrutura dos pans e fariñas sen glute
31 Outubro 2025

Xornada sobre valorización de subprodutos da industria alimentaria

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias explicará este mércores 5 de novembro as posibilidades de crear envases activos para manter a calidade dos alimentos e os posibles usos de bagazo de uva, patacas ou algas como ingredientes multifuncionais
12 Setembro 2025

Sistema de Información Territorial da USC, unha plataforma para unha mellor xestión de terras

Facilitar os intercambios de fincas entre explotacións ou identificar as parcelas con mellores aptitudes para determinados cultivos son algunhas das utilidades prácticas dos algoritmos empregados por esta plataforma científico-tecnolóxica do Campus Terra
14 Xullo 2025

“A Facultade de Veterinaria de Lugo ten unha das mellores granxas de prácticas de toda España”

A Granxa Experimental de Leite do Campus Terra permite aos estudantes ter un contacto directo con animais de produción e aplicar os coñecementos adquiridos en ámbitos como clínica, reproducción ou calidade do leite