A Granxa Experimental de Leite do Campus Terra permite aos estudantes ter un contacto directo con animais de produción e aplicar os coñecementos adquiridos en ámbitos como clínica, reproducción ou calidade do leite
Investigadores do Campus Terra desenvolven unha máscara facial capaz de medir as emisións entéricas do gando. O obxectivo é validar un método que permita seleccionar animais pola súa eficiencia medioambiental
Un equipo da Escola Politécnica de Lugo proba con éxito a inoculación do fungo ‘Utsilago maydis’ en millo corvo para obtener agallas con interese comercial moi demandadas en alta cociña
Trátase dos dous únicos posgraos do Sistema Universitario Galego que habilitan para exercer as profesións de enxeñeiro agrónomo e enxeñeiro de montes tanto a nivel español como europeo
O proxecto StarWell estuda a influencia do benestar do gando sobre a calidade do seu leite e a posible transmisión de hormonas como o cortisol, indicativa de estrés, a humanos
Terá lugar o mércores 18 de xuño no salón de actos do IBADER cun enfoque integral que abordará desde o cultivo de variedades autóctonas de trigo e centeo até a elaboración do produto final. Inclúe unha visita a Carral para coñecer os proxectos da panadería Da Cunha
Este galardón está dotado con 40.000 euros na categoría de saúde humana e 25.000 para saúde animal. O prazo de presentación de candidaturas remata o 19 de setembro
A segunda edición dos Proxectos colaborativos do Campus Terra, correspondente á anualidade 2024-2025, financia 10 traballos nos que participan grupos das distintas facultades en temáticas como a produción de leite, o medio ambiente ou o ámbito forestal
Un equipo da Escola Politécnica de Lugo desenvolve un sistema que axuda a despregar as brigadas e medios aéreos e terrestres en función dos accesos, a orografía do monte e as condicións meteorolóxicas, reducindo tempos de resposta para atacar de xeito máis eficaz o lume
Un equipo do Campus Terra desenvolve un sistema de análise para usar a pé de granxa que permite reducir custos e mellorar o tratamento dunha patoloxía frecuente que afecta tras o parto a unha de cada dúas vacas adultas
Un equipo do Campus Terra avanza no lanzamento ao mercado galego da primeira fórmula infantil con proteína A2, a mesma que se atopa no leite materno e que axuda a reducir os problemas dixestivos nos bebés e cativos
Decenas de profesionais do eido agrícola, industrial, académico ou gobernamental déronse cita nun taller de co-creación que se desenvolveu no Campus de Lugo baixo a coordinación da catedrática da USC Rosa Mosquera