Gandería

23 Outubro 2026

Once ensaios clínicos sobre un leite A2 avalían os seus efectos nutricionais e metabólicos

Os resultados sobre Únicla A2 presentáronse no congreso médico SEMERGEN, celebrado en Santiago, onde tamén se avanzaron datos preliminares sobre posibles cambios na saúde dixestiva e inmunitaria de nais e bebés
6 Outubro 2026

Así incide o manexo e a alimentación nas emisións de metano das granxas leiteiras de Galicia

Grupo operativo GO-TecMet: análise da incidencia do manexo e a alimentación nas emisións de metano entérico das granxas leiteiras. O proxecto, no que tamén participan o CIAM, a cooperativa CLUN e o LIGAL estudou os tempos en pastoreo, a dixestibilidade das diferentes racións e a utilización de aceites e aditivos na dieta e a súa relación coas emisións. Os resultados foron concordantes con estudos previos e detectaron os métodos que mellor están a funcionar en canto a redución de emisións

Forestal e Madeira

9 Outubro 2026

A xestión agrupada do monte revélase como impulsora da prevención dos incendios forestais

No marco do proxecto Resonate, a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (UVigo) avaliou as melloras que suporía agrupar a xestión dunha área de monte caracterizada polo minifundio nos concellos de Negreira e Outes (A Coruña). Falamos co profesor Juan Picos sobre os resultados da simulación realizada

Viña e Agricultura

22 Outubro 2026

AGRI-RESVAL transforma residuos da agricultura vertical en antioxidantes naturais para conservar produtos pesqueiros

Os ensaios realizados apuntan ao potencial dos extractos da raíz da alfábega para reducir a oxidación lipídica do langostino conxelado e avanzar cara a unha conservación máis sostible dos produtos pesqueiros
25 Setembro 2026

Preséntase en Galicia o proxecto Supraolivo, unha iniciativa para o desenvolvemento sostible e adaptadado do cultivo da oliveira

O proxecto SUPRAOLIVO presentouse este xov es en Santiago de Compostela nunha xornada que reuniu a produtores, empresas, investigadores e representantes institucionais das tres comunidades autónomas participantes: Galicia, Castela e León e Andalucía

Agroalimentación

30 Setembro 2026

CEAMSA inviste na startup turca Farmhood para desenvolver novos ingredientes proteicos multifuncionais

CEAMSA, empresa galega de texturizantes e estabilizantes, acaba de realizar unha inversión estratéxica na startup turca Farmhood, especializada na transformación de subprodutos agroalimentarios vexetais en ingredientes […]